O Leader (Ligazóns entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) e un método e unha filosofía de traballo nos procesos de desenvolvemento rural coas seguintes características propias:

  1. Enfoque Ascendente o que significa que en todalas fases do programa as procuras de solucións e as decisións parten desde abaixo cara arriba. Trátase de implicar aos axentes locais, tendo en conta ao mesmo tempo as realidades propias de cada territorio, co fin de fomentar a participación da poboación.
     
  2. Estratexia territorial de desenvolvemento. o que supón basearse nos recursos particulares de cada comarca co fin de responder mellor ás necesidades locais.
     
  3. Principio de colaboración público – privada. O Grupo de Acción Local (ou partenariado local) como forma de cooperación horizontal onde se agrupan en calidade de socios axentes e institucións locais e comarcais representativos. O fin é identificar unha estratexia común e accións innovadoras necesarias para logo aplicar estas decisións e xestionar as subvencións procedentes dos fondos públicos con autonomía local.
     
  4. Enfoque integral e multisectorial que supón contemplar conxuntamente as potencialidades dos diferentes sectores da economía, a sociedade, e os recursos locais.
     
  5. A Innovación, é dicir, o carácter innovador das accións promovidas polos beneficiarios finais, de maneira que acheguen un valor engadido respecto doutras intervencións na comarca.
     
  6. A Organización en Rede e a Cooperación. Trátase de comunicar con outros grupos experiencias e resultados, intercambiar coñecementos e asociarse en proxectos comúns.
     

En Galicia, nos períodos 1991-1994, 1994-1999 e2000-2006, ademais de aplicarse os programas das propias Iniciativas Comunitarias LEADER (LEADER, LEADER II e LEADER +), leváronse a cabo outros programas coa mesma metodoloxía que, por ter distintas fontes de financiamento, levaron distintos nomes, como PRODER, PRODER II ou AGADER, de xeito que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural galego con estes programas.

No período 2007-2013 pasou a formar parte do P.D.R. de Galicia, e na actualidade, o Leader en Galicia conforma a medida 19 do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020