Se queres emprender unha iniciativa ou precisas ampliar ou modernizar a túa empresa na Bisbarra de Ordes, podes acollerte ó plan de axudas da medida LEADER 2014-2020.
Presenta o teu proxecto no GDR "ASDECOMOR".
As axudas Leader destinadas a execución de proxectos de desenvolvemento rural e xestionadas pola Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, teñen como finalidade de mellorar a calidade de vida e a gobernanza dos habitantes do territorio, fomentar a diversificación económica e mobilizar o potencial do territorio rural.
Territorio elixible
Confórmano os Concellos de: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios deste tipo de axudas:
- As persoas físicas de carácter privado
- As entidades públicas de carácter local ou comarcal, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores
- As comunidades de montes veciñais e man común e as súas mancomunidades
Requisitos xerais dos proxectos
- Estar localizados no ámbito de actuación do GDR "ASDECOMOR"
- Ser viables técnica, económica e financieiramente no caso de proxectos produtivos, e técnica e financieiramente no caso de proxectos non produtivos
- Axustarse á normativa sectorial que lle resulte de aplicación
- Que o investimento non estea iniciado na da de presentación da solicitude de axuda
- Ser finalistas, e dicir, que na data da xustificación final dos investimentos subvencionados, cumpran cos obxectivos e as funcións para os que se lles concedeu a axuda
Proxectos non produtivos
Aqueles que teñen un interese público ou colectivo
Prioridade alta | |
---|---|
|
Importe máximo da axuda: 90% Importe mínimo axuda: 71% |
|
|
|
Prioridade media | |
---|---|
|
Importe máximo da axuda: 70% Importe mínimo axuda: 51% |
|
|
|
Prioridade baixa | |
---|---|
|
Importe máximo da axuda: 50% Importe mínimo axuda: 30% |
|
|
|
|
|
Proxectos produtivos
Proxectos produtivos | |
---|---|
|
Importe máximo da axuda: 50%
Importe mínimo axuda: 30% |
|
|
|
|
|
Presentación de solicitudes
Vía electrónica. Obrigatoria para as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal (concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores), comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
As persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR.