BAREMO

Unha vez que o promotor presente a solicitude de axuda, xunto con toda a documentación necesaria para a tramitación do expediente, o equipo xestor do GDR debe valorar o expediente en función dun baremo previamente establecido e que ten carácter público (calquera persoa pode ter acceso ao mesmo)

Os proxectos serán baremados segundo o seu carácter produtivo ou non produtivo aplicando o baremo previamente aprobado por AGADER. 

PORCENTAXE DA AXUDA

A porcentaxe de axuda e a súa contía determinarase en base a puntuación obtida polo proxecto en aplicación do baremo aprobado. As regras que rexen o baremo son as que se recollen a continuación.

1. PROXECTO DE CARACTER PRODUTIVO

REGRA XERAL PARA A ASIGNACIÓN DAS PORCENTAXES DE AXUDA 

Puntuación mínima (nota de corte): os proxectos deberán acadar unha puntuación mínima de 20 puntos no baremo, correspondendo unha porcentaxe de axuda mínima do 20%.

Por cada punto adicional a partir da nota de corte (20 puntos) a porcentaxe de axuda increméntase adicionalmente en 0,66667 puntos porcentuais (0,66667%)

Cunha puntuación maior ou igual a 65 puntos acádase a porcentaxe de axuda máxima que pode acadar o 50% do investimento subvencionable.

Importe máximo de axuda por promotor: 200.000 € baixo o réxime de mínimis durante un período de tres exercicios fiscais.

 

2. PROXECTOS DE CARÁCTER NON PRODUTIVO

 

2.1 PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE PRIORIDADE ALTA (PORCENTAXE MÁXIMO DE AXUDA DO 90 %)​​​​​​

Puntuación mínima (nota de corte): 20 puntos correspondendo unha porcentaxe de axuda mínima do 71%.

Por cada punto adicional a partir da nota de corte (20 puntos) a porcentaxe de axuda increméntase adicionalmente en 0, 38 puntos porcentuais (0,38 %)

Cunha puntuación maior ou igual a 70 puntos acádase a porcentaxe de axuda máxima do 90 %.

Importe máximo de axuda por proxecto: 200.000 euros.

 

2.2 PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE PRIORIDADE MEDIA (PORCENTAXE MÁXIMO DE AXUDA DO 70 %)

Puntuación mínima (nota de corte): 20 puntos correspondendo unha porcentaxe de axuda mínima do 51%.

Por cada punto adicional a partir da nota de corte (20 puntos) a porcentaxe de axuda increméntase adicionalmente en 0, 38 puntos porcentuais (0,38%)

Cunha puntuación maior ou igual a 70 puntos acádase a porcentaxe de axuda máxima do 70%.

Importe máximo de axuda por proxecto: 200.000 euros.

 

2.3 PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE PRIORIDADE BAIXA (PORCENTAXE MÁXIMO DE AXUDA DO 50%)

Puntuación mínima (nota de corte): 20 puntos correspondendo unha porcentaxe de axuda mínima do 30%

Por cada punto adicional a partir da nota de corte (20 puntos) a porcentaxe de axuda increméntase adicionalmente en 0,40 puntos porcentuais (0,40%)

Cunha puntuación maior ou igual a 70 puntos acádase a porcentaxe de axuda máxima do 50%

Importe máximo de axuda por proxecto: 200.000 euros.