TERRITORIO ELEXIBLE

O ámbito territorial cuberto pola Medida Leader no Marco do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) correspóndese coa totalidade do territorio dos concellos que configuran o ámbito de actuación desta asociación, en concreto: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

REQUISITOS XERAIS

  • Estar localizados no ámbito de actuación do GDR ASDECOMOR
  • Ser viables técnica, económica e financeiramente, para proxectos de natureza produtiva,e técnica e financeiramente, para os non produtivos.
  • Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
  • Ser finalistas, é decir, que na data da xustificación final das inversións os gastos subvencionados cumplan os obxetivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos.
  • Que os investimentos para os que se solicita a axuda non estean iniciados.

BENEFICIARIOS

Poderá ser beneficiario destas axudas: 

  • ​As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado
  • Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  • As comunidades de montes veciñais en mancomún e as súas mancomunidades

Non poderán ser beneficiarios as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, non estar incurso en ningún dos supostos establecidos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, e cumplir os requisitos de pequena empresa.

Tipoloxía de Proxectos Subvencionables

Serán subvencionable os proxectos que teñan encadramento na Estratexia de Desenvolvemento Local do GDR e sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas fichas de elexibilidade recollidas no Capítulo VII das Bases Reguladoras da Medida Leader (Réxime de Axudas). 

Proxectos productivos
  • Sector da producción agraria primaria
O importe máximo da axuda será do 50% e o importe mínimo do 20%
  • Transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais
  • Diversificación das explotacións agrarias cara a actividades no agrarias
  • Creación, ampliación e modernización de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias
 
Proxectos non productivos
Prioridade alta
  • Servizos de igualdade e benestar á poboación
Importe máximo da axuda: 90%

Importe minimo axuda: 71%
  • Implantación de TICs no medio rural
  • Proxectos que preserven o Medio Ambiente, mitiguen o cambio climático ou reduzan emisións
Prioridade media
  • Actuacións de recuperación patrimonial, paixasística e etnográfica
Importe máximo da axuda: 70%

Importe minimo axuda: 51%
  • Centros de promoción de recursos Puntos de Información Turística.
  • Ludotecas, áreas recreativas
  • Centros sociais
Prioridade baixa
  • Instalacións deportivas
Importe máximo da axuda: 50%

Importe minimo axuda: 30%
  • Sinalización de recursos turísticos
  • Participación en certames, feiras, edición de material ou eventos de difusión vinculados á valorización dos recursos do territorio.
  • Outros proxectos, que sendo subvencionables,  non están recollidos como de prioridade alta ou media

 

Gastos-Investimentos Subvencionables

Están reflectidos nas Bases reguladoras das axudas Leader, no artigo 4 do Capítulo I (Normas Xerais) e en cada unha das fichas de elexibilidade (Capítulo VII).


Presentación Solicitudes de Axuda

Via electrónica. Obrigatoria para as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal (concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores), comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.  https://sede.xunta.gal


As persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmete, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR:

Oficina Comarcal da Xunta de Galicia – 1º Andar
Rúa Galicia, s/n
15680 Ordes