A característica mais significativa desta Comarca é a súa ruralidade territorial e social, polo que o desenvolvemento rural cobra unha importancia específica para facer fronte os desequilibrios internos pola concentración do crecemento en áreas metropolitanas e o abandono, que sofre o resto do territorio. A loita contra a perda continua da poboación nos Concellos rurais, e a necesidade de recuperar actividades de altos valores naturais e culturais asociados, debe definir o eixo da estratexia. Para elo deben combinarse varios elementos que repercutan no crecemento económico e benestar social baseándonos na posta en valor dos recursos endóxenos preservándoos a longo prazo
Trátase de Implantar unha estratexia participada por parte da poboación que sitúe a nosa comarca como territorio para vivir, traballar e que:
- Aposte polo mantemento e calidade de vida dos seus pobos e habitantes, reducindo o déficit de oportunidades das zonas rurais cos respecto do mundo urbano, atendendo á poboación máis desfavorecida ou en risco de exclusión.
- Procure o dinamismo empresarial e a xeración de oportunidades de emprego, sustentado na multifuncionalidade económica coa consolidación de sectores tradicionais e a aposta por actividades que diversifiquen á economía rural
- Posibilite o mantemento, conservación e recuperación do patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e medioambiental, a súa valoración e aproveitamento sostible.
A innovación, o medio ambiente, o cambio climático e a igualdade de oportunidades son obxectivos transversais aplicados a tódolos puntos do programa, así como a integración e incorporación de colectivos con distintos graos de disfuncionalidade.
A Estratexia de Desenvolvemento Local plasmada no PDR deste territorio afronta os seguintes retos prioritarios:
- Creación de emprego, atendendo as necesidades dos sectores tradicionais agrícola, gandeiro e forestal, así como o apoio a PEMES noutras actividades para diversificar a economía rural, facilitando á formación, a innovación e aos emprendedores.
- Utilización eficiente dos recursos naturais e o mantemento, conservación e recuperación, do patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e medioambiental e a súa valorización.
- Mellora dos servizos públicos e da calidade de vida, que axude a diminuír o déficit de oportunidades respecto do medio urbano , con especial atención á poboación desfavorecida ou en risco de exclusión.
As prioridades deste programa para co territorio son as seguintes:
- Fomento da innovación, ca cooperación e o desenvolvemento do coñecemento no territorio.
- Conservación y revalorización do patrimonio natural.
- Contribuír á xeración de rendas dignas para os habitantes da comarca.
- Creación e consolidación de emprego a través da diversificación da actividade económica e da creación de novas empresas.
- Mellora de servizos para a economía e a poboación rural que contribúan a mellora das condicións de vida das áreas rurais respecto as áreas urbanas.
- Innovación tecnolóxica, medio ambiente e cambio climático
- Mellora da gobernanza nas zonas rurais.
- Incremento do valor engadido das cadeas agroalimentaria e forestais, mediante o fomento de producións de calidade e do pechamento dos ciclos produtivos, e a aposta pola agricultura ecolóxica e polas pequenas explotacións con actividade a tempo parcial.
- Fomento da igualdade e a integración social.
OBXECTIVOS
Os resultados extraídos da análise CAME permiten enunciar os obxectivos da estratexia (e que á súa vez se materializarán a través das operacións que contemple o plan de acción).
Definíronse 6 obxectivos estruturais (xerais) que agrupan 15 obxectivos instrumentais (específicos). Asemade defínense 4 obxectivos horizontais.
Hai que ter en conta que non todos os obxectivos poderanse alcanzar plenamente coas limitacións (normativas, financeiras, etc.) que ten o Eixo Leader como ferramenta para afrontar as necesidades do medio rural. Se parte da premisa de que este programa (e por tanto a EDLP) é un instrumento que se suma a outros recursos e ferramentas doutros ámbitos nunha estratexia integrada que tamén contribuirán á consecución dos obxectivos expostos.
A definición da estratexia complétase con información sobre a súa integración (sectorial, territorial e administrativa), o seu carácter innovador desde diferentes perspectivas, a coherencia con outros programas e axudas, a súa implementación e a súa achega a obxectivos horizontais como a igualdade de oportunidades, a sustentabilidade ambiental, a innovación, o cambio climático e a cooperación.
A determinación dos obxectivos finais e intermedios do PDR da Comarca de Ordes baséase nas directrices comunitarias e estatais e no propio PDR de Galicia para o período 2014-2020.
OBXECTIVOS ESTRUTURAIS (XERAIS)
- Mellora da cualificación dos recursos humanos do territorio, a súa empregabilidade e capacidade de emprendemento
- Diversificación económica e creación de emprego
- Aumento da competitividade do sector agroalimentaria e forestal
- Mellora da calidade de vida da poboación a través da creación e renovación dos servizos, equipamentos e infraestruturas.
- Conservación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural e cultural.
- Mellora da gobernanza e da participación social.
OBXECTIVOS HORIZONTAIS
- Innovación.
- Medio Ambiente e cambio climático.
- Igualdade de oportunidades
- Cooperación
OBXECTIVOS INSTRUMENTAIS (ESPECÍFICOS)
- Mellorar a cualificación empresarial e potenciar a cultura emprendedora
- Implementar estruturas de asesoramento técnico específicas para as empresas rurais.
- Potenciar a investigación e innovación e a transferencia de coñecementos.
- Creación e desenvolvemento de pequenas empresas rurais que consoliden e/ou incrementen o nivel de emprego no territorio
- Fortalecemento do comercio polo miúdo
- Favorecer o desenvolvemento dunha oferta turística adaptada á demanda
- Promover un cambio de modelo produtivo do sector primario comarcal.
- Desenvolver o tecido empresarial a través de actividades económicas vinculadas ao medio rural
- Mellorar a conectividade das Tic e potenciar o seu uso para o desenvolvemento empresarial
- Dotar ao territorio de novas infraestruturas e servizos á poboación
- Xestionar os sistemas agrarios de alto valor natural e as áreas de conservación da biodiversidade.
- Promover a eficacia dos recursos enerxéticos e o consumo racional dos mesmos
- Promover o mantemento, recuperación e rehabilitación dos recursos patrimoniais e culturais
- Xestionar a estratexia e dinamizar a poboación local potenciando a súa participación.
- Cooperar para mellorar o coñecemento e obter sinerxías na aplicación da estratexia.
LIÑAS DE ACTUACIÓN
Partindo do diagnóstico estratéxico da zona, na cal temos identificado os principais “obstáculos” e as principais “potencialidades” aproveitables para lograr o desenvolvemento económico da Comarca de Ordes, ocupámonos agora da confrontación dos anteriores cos requisitos necesarios para conquerir o desenvolvemento de calquera territorio, e de ambos, cos aspectos que dende o documento PDR de Galiza 2007-2013 poden ser auxiliados directa ou indirectamente polo devandito programa para, da súa combinación, obter a definición dos eixes estratéxicos vertebradores ou federadores nos que se apoiará o proceso de desenvolvemento da Comarca, que podemos resumir nas seguintes liñas de acutación:
- Transferencia de información para a colaboración e cooperación entre Pemes e difusión de resultados da investigación e otras acción de información.
- Aumento da competitividade e/ou diversificación do sector agrario e forestal
- Apoio ao sector empresarial agroalimentario
- Apoio o sector industrial
- Apoio ao sector empresarial turístico
- Creación e competividade de empresas de comercio e servizos
- Eficiencia enerxética
- Conservación e mellora do patrimonio natural
- Infraestruturas, equipamentos e servizos para a calidade de vida
- Conservación e mellora dos valores patrimoniais históricos, artísticos e culturais do territorio
- Animación e Dinamización territorial