Spacer
Programa “Ter (en)conta”

A Mancomunidade de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza o Programa “Ter (en)conta”.

Consta dunha serie de obradoiros formativos dirixidos ás mulleres coidadoras informais de persoas dependentes.

Os contidos que se van impartir son: o autocoidado, a mobilización de persoas dependentes, recursos de apoio e a corresponsabilidade no coidado de persoas dependentes. En cada un dos seis concellos participantes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Tordoia) realizaranse 4 obradoiros, de 2 horas de duración cada un deles, o que supón un total de 48 horas.

Coa impartición destes obradoiros búscase que as mulleres aprendan estratexias para o propio coidado, o coidado das persoas dependentes e coñezan recursos que faciliten as tarefas dos coidados, así como estratexias para promover a corresponsabilidade no entorno próximo.

Impartiranse de modo presencial e en horario de mañá.

Estas actividades son de balde.