Spacer
CAIXABANK E ASDECOMOR LANZAN UNHA CONVOCATORIA PARA EMPRENDEDORES DA COMARCA DE ORDES

Seleccionaranse os 4 mellores proxectos de emprendemento con axudas de 1.000 euros para cadas un e a incorporación a unha comunidade de emprendedores.

Valorarase tanto o ponencia de crecemento e de creación de emprego rural, como a innovación e a viabilidade das iniciativas

O GDR ASDECOMOR organiza unha convocatoria de emprendemento rural para apoiar iniciativas e proxectos da Comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Torodia e Trazo), favorecendo a creación de emprego, a fixación de poboación no territorio e a cultura emprendedora. Esta iniciativa está impulsada por Caixabank, que co seu programa "Tierra de Oportunidades", quere reforzar o seu compromiso coas contornas rurais a través da colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural.

A convocatoria diríxese a proxectos de emprendemento cun modelo de negocio sostible, que se estableceron no territorio de actuación do GDR, a través da comercialización de produtos ou a prestación de servizos. Estes proxectos deberán de ter actividade nunha entidades de poboación inferior a 5.000 habitantes, unha facturación inferior a 250.000 euros e ter realizado o investimento nos últimos 4 anos. 

O período de presentación de candidaturas será do 27 de maio ata o 18 de xuño (ambas datas incluídas), podendo formularse na seguinte web: https://ruraltalent.eu/tierra-de-oportunidades-2024/

As bases xúntanse a esta publicación