Mellora de equipamento de instalacions para estudio de TV con capacidade para 200 persoas.

Mellora de equipamento de instalacions para estudio de TV con capacidade para 200 persoas.

Detalles do Proxecto

Arquivado
Período 2014-2020
Número de expediente L22 1920 21 0117
Solicitante Mayaipa, SL
Concello Ordes
Orzamento 178.540,82 €
Axuda 58.324,29 €
Tipoloxía Produtiva

O presente proxecto ten como finalidade dotar as instalacións alugadas de Mayaipa, dunha serie de melloras:

  • MELLORA NO SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN (Melloras de eficiencia enerxética e melloras acústicas).

  • ADECUACIÓN DUN ASEO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA PLANTA BAIXA

  • MELLORA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA

  • MELLORAS ACÚSTICAS E LUMÍNICAS PARA UN ESPAZO ADICADO A PLATÓ DE TV

  • MELLORA DOS MEDIOS DE EVACUACIÓN DO LOCAL

  • ADQUISICIÓN DE TRUSS DE ALUMINIO PARA ILUMINACIÓN

Ademais de albergar un plató virtual equipado con tecnoloxía led (proxecto 2021), ampliarase a oferta de servizos cun plató de televisión diáfano, para todo tipo de producións audiovisuais. O resultado será a creación dun novo espazo, de 500 m2, adicado a plató “convencional” de produción audiovisual con capacidade para 200 persoas que aportará unha alternativa ao déficit de espazos acondicionados para tal uso en Galicia.

En definitiva, o obxectivo principal deste proxecto e dos investimentos realizados sería o incremento no nivel de vendas, o aforro de custes enerxéticos e, como consecuencia, un consumo eléctrico máis sostible e con menor impacto para o medio ambiente.

Galería

Imaxes do proxecto

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes