Obxectivos
A Asociación ten como obxectivo social a xestión de iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural para acada-los seguintes obxectivos:
Servir de núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais, económicos..., tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio.
Vertebra-los diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre as distintas problemáticas da zona, prestando especial atención ós xóvenes, ás mulleres e á creación de emprego.
Ser factor de sensibilización das Administracións Locais, Autonómicas, Estatais e entidades públicas e privadas, así como ás Institucións Comunitarias Europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, ó obxecto de optimiza-lo aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ó seu desenvolvemento harmónico, equilibrado, sostido e integral.
Servir aos asociados de centro receptor, canalizador e distribuidor de toda a información relativa ó campo de acción do desenvolvemento local e rexional cun ámbito de actuación nacional coma internacional, centrándose esta tarefa principalmente na prospección e coñecemento dos recursos e proxectos existentes en cada momento e susceptibles de ser levados a cabo pola asociación ou ben polos seus asociados.
Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo e intervención no ámbito de desenvolvemento local e rexional.
Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
Concienciar á poboación da necesidade de protexe-lo medioambiente e tomar parte activa nelo, mediante actividades orixinais e innovadoras.
Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para logra o desenvolvemento da zona, así como promove-la súa aplicación.
Conseguir artellar unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.
Enlaces
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes