A Asociación
Entidade sen fin de lucro que representa ás institucións e axentes económicos da Comarca de Ordes
A Asociación nace no ano 2001 coa finalidade de xestionar iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural, sendo seleccionada para a xestión da Iniciativa Comunitaria Leader + e como entidade colaboradora de AGADER na xestión do Programa Leader 2007-2013. Actualmente xestionamos, como entidade colaboradora de AGADER, a medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 na Comarca de Ordes.
Composición e membresía
A Asociación de Desenvolvemento "Comarca de Ordes" está integrada por entidades públicas e privadas representativas do territorio, mantendo sempre un equilibrio territorial e sectorial. Poden formar parte organizacións locais, cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.
Rexe o principio de "portas abertas" para garantir a incorporación permanente de novos asociados, coa participación do sector público nos órganos de dirección sempre inferior ao 50% dos votos.
Desenvolvemento Rural
Xestionamos iniciativas e programas que melloran a calidade de vida nas zonas rurais da comarca de Ordes.
Colaboración Institucional
Entidade colaboradora de AGADER na xestión do Programa Leader e outras iniciativas comunitarias.
Apoio ao Emprendimiento
Facilitamos recursos e asesoramento para a creación de empresas e xeración de emprego local.
Participación Democrática
Mantemos un equilibrio territorial e sectorial coa participación de entidades públicas e privadas.
O Noso Equipo
Profesionais comprometidos
A Asociación para o Desenvolvemento Comarca de Ordes de ampla base democrática, rexerase polo sistema de autogoberno e polo principio de representación.
Mariano Iglesias Castro
Presidente
Susana García Gómez
Vicepresidenta
Antonio Pereiro Liñares
Secretario
Manuel Míguez Villaverde
Tesoureiro
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes