Plan financeiro e limitacións orzamentarias
O importe das axudas concedidas estarán condicionadas á existencia de orzamento suficiente en cada anualidade, segundo os fondos que ten aprobados o GDR e que están recollidos no plan financeiro do programa.
Distinguirase entre proxectos produtivos e non produtivos, e dentro destes diferenciando os das entidades públicas locais por un lado e o resto de entidades por outro.
Así mesmo, os non produtivos ordenaranse por prioridades, primeiro os de prioridade alta, logo os de prioridade media e finalmente os de prioridade baixa.
Neste período Leader a selección de proxectos faise en réxime de concorrencia competitiva.
Os proxectos ordenaranse en función da súa puntuación e tendo en conta o límite de orzamento máximo dispoñible, que vén reflectido na asignación de fondos que fixo Agader a este GDR e que figura no Plan Financeiro de cada convocatoria.
No caso de empate da puntuación entre varios proxectos, terá prioridade aquel cuxo ítem “correspondencia cos eixos principais da Estratexia” obteña unha puntuación máis elevada.
De persistir o empate primaría, polo orde que se citan, os seguintes criterios de desempate:
Creación de emprego. Terá preferencia o proxecto con maior numero de empregos (en termos Uta)
En caso de crear o mesmo emprego (ou non crealo) consideraríase o numero de empregos consolidados.
Data de presentación da documentación completa da solicitude de axuda.
Aqueles proxectos, que tendo a puntuación suficiente para poder ser financiados e ICE verificado favorablemente por AGADER, non teñan dispoñibilidade orzamentaria suficiente para o seu financiamento, configurarán unha lista de agarda (ordeada de maior a menor prioridade e puntuación), e poderán ser tomados en consideración na anualidade seguinte (sempre e cando o solicititante o manifeste expresamente).
Descargas
¿Tes unha idea de proxecto?
Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes