• Número de expediente: L17 1920 21 0019
  • Solicitante: CASA GRANDE DE XANCEDA SAT
  • Orzamento: 16.881,08 €
  • Axuda: 6.077,19 €
  • Concello: Mesía
  • Tipoloxía: Produtiva
  • Estado: Finalizado

INSTALACIÓN DUN SERVIDOR FÍSICO (HARDWARE) PARA ALMACENAR DATOS E ARQUIVOS, QUE SE LOCALIZARÁ NO EDIFICIO CENTRAL QUE POSIBILITARÁ O ACCESO A DATOS CENTRALIZADOS NA EXPLOTACIÓN, MELLORARÁ A SEGURIDADE DOS MESMOS, E INCREMENTARÁ A PRODUTIVIDADE DOS EQUIPOS, PROGRAMAS E SISTEMAS INFORMÁTICOS DA EMPRESA.

UNS ARMARIOS E BANDEXAS RACK ALOXARÁN OS DISCOS DUROS QUE CONTERÁN A INFORMACIÓN Á QUE TERÁN ACCESO OS DISTINTOS EQUIPOS DA EXPLOTACIÓN.

FARASE A CONEXIÓN A INTERNET DENDE O EDIFICIO CENTRAL, ONDE SE ATOPAN AS OFICINAS E CONFORMARASE UNHA REDE LOCAL QUE, PARA MAIOR SEGURIDADE, TERÁ UN SERVIZO DE COPIAS DE SEGURIDADE (BACKUPS) AUTOMATIZADO.

PARA A INSTALACIÓN NA FÁBRICA PRECISARASE CANALIZAR A FIBRA ÓPTICA. OS DISTINTOS LOCAIS UNIRANSE MEDIANTE UNS SWITCH, CUNHA REDE DE FIBRA ÓPTICA QUE TRANSCORRERÁ POR CAIXAS, TUBOS, BANDEXAS, E SE CONVERTERÁ A UNHA REDE ETHERNET ONDE SEXA NECESARIO.

MEDIANTE UN SAI, UN FIREWALL (FÍSICO, PARA ASEGURAR A INTEGRIDADE DOS DATOS EVITANDO ACCESOS NON ADMITIDOS DO EXTERIOR) E OS ELEMENTOS DE CONEXIÓN ENTRE OS DISTINTOS LOCAIS, SE COMPLETARÁ A REDE DO PROXECTO.
A INSTALACIÓN ESTARÁ PERMANENTEMENTE MONITORIZADA E VIXIADA PARA DETECTAR PROBLEMAS NA MESMA.

CON TODO ISTO, A EXPLOTACIÓN TERÁ INTERCONECTADOS AQUELES ELEMENTOS (ORDENADORES E MÁQUINAS DA FÁBRICA E SALA DE MUXIDO) QUE O PRECISAN PARA PODER REALIZAR AS TAREFAS DIARIAS DA EXPLOTACIÓN DE FORMA EFECTIVA E SEGURA.