¿Quen somos?


Somos unha entidade sen fin de lucro, integrada por un conxunto representativo das institucións e dos axentes económicos da Comarca de Ordes.


A Asociación nace no ano 2001 coa finalidade de xestionar iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural, sendo seleccionada para a xestión da Iniciativa Comunitaria Leader + e como entidade colaboradora de AGADER na xestión do Programa Leader 2007-2013. Actualmente xestionamos, como entidade colaboradora de AGADER, a medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 na Comarca de Ordes.


A Asociación de Desenvolvemento “Comarca de Ordes” está integrada por un número ilimitado de socios, que deberán ser entidades de carácter público ou privado, con implantación local representativas dos colectivos existentes no territorio debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no plano territorial. Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais. Rexerá o principio de portas abertas, de xeito que se garanta permanentemente a incorporación de asociados e se potencia o equilibrio territorial mediante a representación que aporten os asociados.


A participación dos socios do sector público e representantes políticos nos órganos de dirección da Asociación será inferior, en todo caso ó 50% da porcentaxe de votos dos devanditos órganos.


Estrutura organizativa


A Asociación para o Desenvolvemento Comarca de Ordes de amplía base democrática, rexerase polo sistema de autogoberno e polo principio de representación, a través dos seguintes órganos:

Colexiados

  • Asemblea Xeral.
  • Xunta Directiva.
  • Mesas Sectoriais

Unipersonais

  • Presidente: Mariano Iglesias Castro
  • Vicepresidenta: Susana García Gómez
  • Secretario: Antonio Pereiro Liñares
  • Tesoureiro: Manuel Míguez Villaverde

Asemade, cóntase cun técnico encargado da aplicación e xestión do programa de desenvolvemento, e que actualmente está composto por:
 

  • Xerente: Domingo M. Lojo Caamaño
  • Administrativa: Sonia Ponte Sueiro


GDR


GDR son as siglas do Grupo de Desenvolvemento Rural. A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) constitúe por si mesma un GDR tendo como función principal xestionar, como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 para a Comarca de Ordes. 
No marco das súas competencias correspóndelle:

  1. Promover a dinamización territorial e a mobilización social.
  2. Promover a valorización do medio rural en xeral, e do seu territorio en particular.
  3. Asesorar os posibles beneficiarios das axudas do programa sobre a adecuación do seu proxecto ás esixencias daquel, así como sobre a posibilidade de acceder a outro tipo de axudas á marxe das previstas nel e informarlle das obrigas que asumirán no caso de percibir algunha axuda con cargo ao programa.
  4. Seleccionar proxectos con cargo ó orzamento asignado.
  5. Promover e participar en proxectos de cooperación transnacional e interterritorial.
  6. Integrarse nas redes de grupos de desenvolvemento rural, tanto a nivel da Comunidade Autónoma como a nivel de todo o Estado.
  7. Velar pola correcta asignación dos fondos previstos para cada anualidade e a súa distribución entre proxectos produtivos e non produtivos.

O noso territorio de actuación
A Comarca de Ordes é unha comarca natural formado por sete concellos (Cerceda, Frades, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) con identidade propia e sentimento comarcal moi definido.