• Número de expediente: L22 1920 21 B116
  • Solicitante: ASDECOMOR
  • Orzamento: 11.654,34 €
  • Axuda: 11.654,34 €
  • Concello: Ordes
  • Tipoloxía: Non produtiva
  • Estado: Arquivado

O proxecto contempla a organización e celebración dun Congreso internacional sobre as necesidades e os dereitos da infancia que responda aos tres dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os dereitos do neno, en concreto:
- Dereito á educación
- Dereito á saúde
- Dereito á participación infantil

A temática principal será a Educación Afectivo Sexual e os obxectivos que se pretenden acadar son:

Que esta acción sirva como un antídoto contra a discriminación, derribando estereotipos de xénero
Prevención de delitos contra a liberdade sexual
Prevención do acoso escolar por motivos afectivo - sexuais, que poder derivar en suicidio
Evitar condutas sexuais de risco
Conseguir unha educación afectivo sexual satisfactoria
O congreso contará con dúas xornadas.

Na primeira delas realizada en streaming cos alumnos dos IES do territorio intervendrán 3 ponentes de prestixio que interactuarán c@s alumn@s, mentres a segunda (presencial) un especialista interactuará cos maestros e @s nais e pais do
alumnado dos centros educativos.
As partidas de gastos que se contemplan son: Deseño, coordinacion e dirección do evento, elementos necesarios para o streaming, honorarios de 4 ponentes, creación de contidos e divulgación previa e posterior e fotografía, material gráfico e recursos audiovisuais.