Spacer
Video promocional "O rural vive"

É ben certo que non hai como perder as cousas para comezar a valoralas e botalas de menos [...] Foron días de soidade, de illamento. Apretamos os puños, os dentes e tamén os cintos, esperando que o día seguinte fose mellor [...] E cando todos fagamos memoria, debemos lembrar que houbo quen estivo aí, sempre, máis activo e vivo ca nunca. Porque a xente do noso rural seguiu labrando, sementando, muxindo, sachando, cultivando e apañando para encher de cores os mercados [...] O r...ural está moi cheo: cheo de boa xente, de bos profesionais, cheo de oportunidades e cheo de momentos inesquecibles e experiencias por vivir. E agora, é o momento de vivilas. O rural vive. VIVE O RURAL!

GRUPOS DE DESARROLLO RURAL DE GALICIA.