Spacer
SINATURA CONVENIO DE MEDIO RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Alfonso Rueda explicou que o ano pasado xa se asinou coa consellería do Medio Rural un convenio para poñer en marcha medidas e actuacións contra a violencia de xénero.

José González sinalou que se promoverán actividades de formación para reforzar a autoestima e o empoderamento das mulleres.

A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio asinado hoxe por importe de 250.000 euros ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de que se leven a cabo campañas de prevención e sensibilización, xa que hai que ter especialmente en conta a incidencia da violencia de xénero nas mulleres que viven no ámbito rural.

Ao acto contou ca presenza do Director Xeral de Agader Miguel Ángel Pérez Dubois e o Subdirector de relacións cos Grupos de Desarrollo Rural, Javier Blanco Carballal,  representantes dos diferentes concellos da comarca e persoal técnico do Grupo de Desarrollo Rural ASDECOMOR.