Spacer
Programa Explorer “Mozos con solucións”

Queres emprender e validar a túa idea de negocio? Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 11 de decembro.

O programa Explorer “Mozos con solucións” axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social.

• Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space

• Duración: 12 semanas (do 25 de xaneiro ao 25 de abril de 2021)

• Prezo: gratis

• Participación: só/a ou en equipo (máximo de 5 participantes)

• Metodoloxía: sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo.

• Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un coordinador/a e un xcout (mentor/a).

• Beneficios:

       - Certificado de participación.

       - Explorer Trip: viaxe dunha semana a un hub de innovación europeo para o mellor proxecto de cada sede.

       - Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores coa incorporación de Explorer Spaces americanos e europeos. Participa e apúntate co teu proxecto.

Prazas limitadas

Máis información Emprego UDC: emprego.vepem@udc.es