Spacer
NOTA INFORMATIVA: CORONAVIRUS COVID-19

Informamos de que, ante a situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes adoptou unhas medidas de prevención e contención extraordinarias co fin de garantir a protección da saúde pública.

Dende hoxe e ata o 30 de marzo, a atención nesta entidade realizarase exclusivamente por medios telefónicos e telemáticos, excepto en situación de urxencia ou emerxencia. No caso concreto de que se produza unha situación de urxencia ou emerxencia valoraremos o xeito máis adecuado de proceder.

En todo caso, recomendamos contactar previamente por vía telefónica ou electrónica.
Teléfono: 981 397 832; 669 138 252;

E mail: asdecomor@telefonica.net

Lamentamos as molestias, pero tod@s estamos obrigad@s a colaborar para garantir o ben común.

Agradecemos que sigan as recomendacións indicadas polas autoridades administrativas e sanitarias.