Spacer
Asemblea Xeral Ordinaria

O Grupo de Desenvolvemento Rural “ASDECOMOR” levou a cabo no dia de onte a súa Asemblea xeral ordinaria, así como unha Asemblea Extraordinaria.

Na Asemblea Ordinaria adoptáronse os seguintes acordos:

• Aprobación do orzamento do exercicio 2022, que ascende a 134.958,25 euros

• Aprobación do informe de execución do ano 2021, do que se pode extraer que dende o ano 2018 ata o 31 de decembro de 2021, o investimento na Comarca de Ordes ao abeiro da medida Leader ascendeu a máis de 8 M€, investimento que axudou a crear máis 57 postos de traballo e consolidar outros 292 grazas ao apoio que o GDR realizou a 55 empresarios e empresas da nosa bisbarra e que acadou preto dos 2,3 M€ en axudas públicas.

• Acordouse igualmente que a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes presente a súa candidatura á ser novamente entidade colaboradora para a xestión da medida Leader no período 2023-2027.

• Finalmente, e non por iso menos relevante, elexíronse dúas novas entidades para formar parte da Xunta Directiva do GDR: Asociación de Mulleres A Ponderosa (Anxeriz – Tordoia) e Asociación de Veciños e Cultural a Carballeira de Chaián (Trazo) representadas ámbalas dúas por mulleres, o que permite elevar a 8 o número de mulleres presentes nese órgano conformado por 21 persoas.

A Asemblea Extraordinaria tivo como único asunto a adaptación dos estatutos as esixencias contidas nas Bases Reguladoras para a adquisición da condición de entidade colaboradora para a xestión da medida LEADER no período 2023-2027