Spacer
A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes aproba a previsión dos gastos de funcionamento e de actividades de animación para o exercicio 2019.

A Xunta Directiva da Asociación Desenvolvemento Comarca de Ordes, presidida por Mariano Iglesias Castro, reuníuse onte, 19 de decembro, e adoptou, entre outros, os seguintes acordos:
• Aprobar a previsión de custes correntes para o exercicio 2019 por un importe total de 100.533,20 €.
• Aprobar a previsión de gastos para proxectos de animación do territorio por importe de 52.000 euros. Entre os posibles proxectos a levar a cabo estarían os seguintes:
o Circuito de carreiras populares
o Xornadas gastronómicas
o Elaboración de material promocional
o Grabación dun video da Comarca a vista de dron.
o Implententación dunha ferramente turística de xeolocalización dos recursos turísticos do territorio.
Asemade, informouse aos membros da Xunta Directiva que todos os promotores de proxectos con axudas aprobadas con cargo a anualidade 2018, teñen cobrado o importe correspondente á solicitude de pagamento efectuada. En concreto, no ano 2018 realizaronse 28 pagos cuxo importe total ascendeu a 597.337,97 euros.