CELEBRACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA

Compartir:

O pasado xoves 8 de xullo de 2010 celebrouse reunión ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes tratándose entre outros os seguintes puntos:

Selección de proxectos: Sometéronse a consideración da Xunta Directiva sete novos proxectos con Informe de Control de Elixibilidade verficado favorablemente por AGADER, adoptándose proposta de resolución favorable de todos eles. Cada un dos proxectos ten unha finalidade distinta que podemos resumir do seguinte xeito:

  1. Acondicionamento do entorno e oferta complementaria recreativa en Casa de Turimo Rural.
  2. Adquisición de Góndola para transporte de Biomasa e maquinaria forestal.
  3. Rehabilitación e acondicionamento de local destinado á práctica de Padel.
  4. Ampliación de empresa de produtos alimenticios sen establecemento permanente.
  5. Adquisición de tren de barnizado, lacado e pintado a auga, robotizado e con sistema de secado.
  6. Modernización de empresa de carpintería de madeira.
  7. Centro de fabricación de xeo, distribución de bebidas e outros produtos alimentarios.

Baixas, renuncias e desistencia de proxectos: Acordóuse aceptar a baixa ou renuncia a axuda solicitada por cinco promotores de proxectos e proceder ó arquivo dos expedientes.

Información sobre novos proxectos presentados: Infórmase ós membros da Xunta Directiva da presentación de 17 novas solicitudes de axuda o que fan un total de 49 proxectos presentados dende o 7 de setembro de 2009.

Proxecto de cooperación Nuevos Horizontes: Deuse conta da proposta de resolución favorable efectuada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino sobre este proxecto cun orzamento de 445.566, 00 euros para executar no período 2010-2013. O Grupo coordinador é a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e o número total de Grupos de Desenvolvemento Rural socios do mesmo ascende a 12 (2 asturianos e 10 galegos). O seu obxectivo xeral é Identificar, ensaiar e difundir cultivos tradicionais e novas produccións que poidan xerar emprego agrario, conectando estas producións con demandantes de emprego e cos mercados obxectivo.

Proxectos de promoción turística da Comarca de Ordes: A Xunta Directiva acordou solicitar a Agader a subvencionalidade de tres proxectos de promoción turística da Comarca consistentes en:

  1. Recopilación, ordenación e clasificación dos recursos turísticos da Comarca.
  2. Creación de marca turítica da Comarca, elaboración dun banco fotográfico de imaxes e comunicación audiovisual (video).
  3. Redación de contidos, deseño, maquetación e impresión dunha guía turística

¿Tes unha idea de proxecto?

Presenta a túa proposta e forma parte do desenvolvemento da comarca de Ordes