:: ASDECOMOR :: Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes


ASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMOR

A Comarca - Presentación

A Comarca de Ordes é unha comarca natural formada por sete concellos con identidade propia e sentimento comarcal moi definido.

Como en toda comarca chá, os seus límites desdebúxanse. E o río Tambre, no seu tramo alto, o que proporciona a unidade xeográfica do territorio, xa que a conca hidrográfica debuxa un espacio – unidade ben diferenciado.

En canto á súa organización histórico – funcional, o territorio correspondente á actual Comarca de Ordes representou unha clara unidade dende o punto de vista histórico e de partido xudicial.

Así mesmo, culturalmente a Comarca de Ordes se articula en torno ao camiño inglés de peregrinaxe a Santiago de Compostela, percorrendo este os Concellos de Mesía, Ordes e Oroso.

A actual organización funcional deste territorio, presenta unha estructura monocéntrica cun clara nó en Ordes. Non obstante, existen dous Concellos, Cerceda e Oroso, que pola súa proximidade as cidades de A Coruña e Santiago están vinculados a eles como áreas metropolitanas.

Pódese afirmar que existe unha concordancia entre a área funcional e ás súas áreas funcionais e nas relacións intermunicipais, concluíndose que a Comarca de Ordes queda formada por sete concellos: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

A poboación total da Comarca según o Censo de Poboación do ano 2009 ascende a 38.832 habitantes distribuidos nunha superficie aproximada de 754, 70 quilómetros cuadrados sendo por tanto a súa densidade media de poboación de 51, 22 habitantes por quilómetro cadrado.

Por Concellos as cifras serían as seguintes:

Cerceda

Este Concello está situado ao norte da comarca, sendo o Concello mais preto á cidade da Coruña. Pertence ao partido Xudicial de A Coruña e os servizos administrativos comarcais divídense entre A Coruña e Ordes. Forma parte da mancomunidade de Ordes, aínda que tamén quer integrarse na área metropolitana de A Coruña.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
110,90 5.570,00 50,23

Frades

Este Concello forma parte do partido xudicial de Ordes. Pola súa situación en canto as vías de comunicación, as súas relacións co Concello de Ordes son importantes. Forma parte da Mancomunidade de municipios de Ordes.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
81,70 2.706,00 33,12

Mesía

Este Concello forma parte do partido xudicial de Ordes. Pola súa situación, en canto as vías de comunicación, ao igual que o Concello de Frades mantén relacións importantes co Concello de Ordes. Forma parte da Mancomunidade de municipios de Ordes.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
106,80 2.975,00 27,86

Ordes

Este concello e o centro principal e natural de Comarca que leva o seu nome, é aquí onde están situados tódolos servizos comarcais, incluíndo a sede da Mancomunidade e do GAL “Asdecomor”.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
157,30 12.757,00 81,10

Oroso

Pola súa situación, a cabalo entre Santiago e Ordes, mantén relacións tanto coa súa comarca natural (Ordes) como coa área metropolitana de Santiago. Pertence ao partido xudicial e a Mancomunidade de Ordes. Non obstante, localidades como Sigüeiro teñen relación directa con Santiago de Compostela.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
72,10 6.987,00 96,91

Tordoia

Pola súa ubicación mantén relacións estables co Concello de Ordes, pertencendo á súa Mancomunidade de Municipios e ao seu partido xudicial.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
124,50 4.339,00 34,85

Trazo

Tradicionalmente ten nexos de unión e pertence á Comarca de Ordes, formando parte, así mesmo, do partido xudicial e da Mancomunidade de Ordes.

Pola súa situación mantén relacións tamén cos Concellos de Val do Dubra e Santiago de Compostela.

SUPERFICIE Km2 POBOACIÓN 2009 DENSIDADE 2009
101,40 3.498,00 34,50

 

Imaxes



Galería

Ver máis
  • 3
  • 9
  • 2
  • 1
  • 8
  • 5
  • 6
  • 10
  • 4

  • Agader
  • Xunta de Galicia
  • Leader
  • Feader
  • Ministerio de Medio Ambiente

Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes

  • Oficina Comarcal Xunta de Galicia
  • Rúa Galicia, s/n
  • 15680 Ordes