:: ASDECOMOR :: Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes


ASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMORASDECOMOR

A Asociación - Presentación

¿Quenes somos?

Somos unha entidade sen fin de lucro, integrada por un conxunto representativo das institucións e dos axentes económicos da Comarca de Ordes.

A Asociación foi creada no ano 2001 para a xestión de iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural, sendo seleccionada para a xestión da Iniciativa Comunitaria Leader + do período 2000-2006 e actualmente como entidade colaboradora de AGADER para a xestión do Programa Leader Galicia 2007-2013 na Comarca de Ordes.

A Asociación de Desenvolvemento “Comarca de Ordes” está integrada por un número ilimitado de socios, que deberán ser entidades de carácter público ou privado, con implantación local representativas dos colectivos existentes no territorio debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no plano territorial. Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais. Rexerá o principio de portas abertas, de xeito que se garanta permanentemente a incorporación de asociados e se potencia o equilibrio territorial mediante a representación que aporten os asociados.

A participación dos socios do sector público e representantes políticos nos órganos de dirección da Asociación será inferior, en todo caso ó 50% da porcentaxe de votos dos devanditos órganos.

Estructura organizativa.

A Asociación para o Desenvolvemento Comarca de Ordes de amplía base democrática, rexerase polo sistema de autogoberno e polo principio de representación, a través dos órganos directivos seguintes:

  • A Asemblea Xeral.
  • A Xunta Directiva.
  • As Mesas Sectoriais

Tamén se conta con un equipo técnico encargado da aplicación do programa de desenvolvemento diseñado e formado por un Xerente e unha administrativa.

GDR

GDR son as siglas do Grupo de Desenvolvemento Rural. A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) constitúe por si mesma un GDR tendo como función principal xestionar, como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) o programa Leader de Galicia 2007-2013 para a Comarca de Ordes. No marco das súas competencias correspóndelle:

  1. Promover a dinamización territorial e a mobilización social.
  2. Promover a valorización do medio rural en xeral, e do seu territorio en particular.
  3. Asesorar os posibles beneficiarios das axudas do programa sobre a adecuación do seu proxecto ás esixencias daquel, así como sobre a posibilidade de acceder a outro tipo de axudas á marxe das previstas nel e informarlle das obrigas que asumirán no caso de percibir algunha axuda con cargo ao programa.
  4. Seleccionar proxectos con cargo ó orzamento asignado.
  5. Promover e participar en proxectos de cooperación transnacional e interterritorial.
  6. Integrarse na Rede Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural.


Galería

Ver máis
  • 4
  • 3
  • 1
  • 8
  • 10
  • 5
  • 6
  • 9
  • 2

  • Agader
  • Xunta de Galicia
  • Leader
  • Feader
  • Ministerio de Medio Ambiente

Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes

  • Oficina Comarcal Xunta de Galicia
  • Rúa Galicia, s/n
  • 15680 Ordes