Spacer
Xornada tecnica: Pasado, presente e futuro das marcas de calidade diferenciada de Galicia

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o vindeiro 22 de outubro, A xornada de transferencia: XORNADA TÉCNICA: PASADO, PRESENTE E FUTURO DAS MARCAS DE CALIDADE DIFERENCIADA DE GALICIA. RELACIÓN CO SISTEMA GALEGO DE I+D+i

Nesta xornada amosaranse algúns dos proxectos vinculados ao desenvolvemento das DOP e IXG Galegas nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e outros centros dependente da AGACAL.

A presentación de resultados e liñas de traballo enmárcase cunha presentación de María Naranjo, Directora de Industrias Alimentarias do ICEX e unha mesa redonda na que representantes dalgunhas das DOP e IXP de maior traxectoria en Galicia expliquen a súa experiencia en relación á transferencia de coñecemento e expoñan as necesidades de I+D+i non cubertas.

A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

MÁIS INFO:

info@juanadevega.org

www.juanadevega.org