Este martes 11 de xuño chegan a Ordes seis representantes da Universidade portuguesa de Tras dos Montes – Alto Douro para visitar proyectos Leader, no marco do Proxecto de Investigación Douro Verde, que ten por obxecto o estudo de casos de éxito internacionais na aplicación de políticas públicas de desenvolvemento rural financiadas por fondos estructurais europeos.

Durante os seguintes 2 días (12 e 13 de xuño) coñecerán de primeira man os proxectos promovidos por: Casa Grande de Xanceda SAT, Quimiasfalt, SLL, Boibel Forestal, SL, Agraria Comarcal de Ordes, SCG e Micebo, SL.  Asemade, visitarán “in situ” dúas actuacions de recuperación medioambiental promovidas polos Concellos de Cerceda e Mesía.

Finalmente o venres 14, visitarán a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.