Spacer
OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA XÚNTANSE PARA FACER BALANCE DO ANO 2018  E ESTABLECER NOVAS LIÑAS DE ACTUACIÓN

OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA XÚNTANSE PARA FACER BALANCE DO ANO 2018  E ESTABLECER NOVAS LIÑAS DE ACTUACIÓN
Os equipos técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, mantiveron unha xuntanza en Antas do Ulla para analizar o nivel de execución da medida Leader no ano 2018 e identificar novas liñas de mellora e impulso para o ano 2019.
Ao respecto do ano 2018 o grao de execución da medida Leader supera o 90 % sobre os fondos previstos inicialmente, sendo unha das medidas con maior grao de execución anual do PDR de Galicia 2014-2020.
As liñas de traballo que se propoñen para  o ano 2019 no marco da Asociación de GDR de Galicia serían:
Actuacións de difusión e comunicación das actividades dos GDR, facendo públicos os resultados acadados polos GDR no eido do desenvolvemento Rural (publicación de resultados, mellora das ferramentas web, campañas de promoción en prensa, radio e televisión, etc)

  1. Colaborar na organización do Evento Leader 2019.
  2. Sentar as bases para a realización dos I Premios Leader de Galicia
  3. Desenvolvemento de intercambio de experiencias con outras CC.AA.
  4. Fortalecemento e capacitación dos equipos técnicos dos GDR e establecer mecanismos de cooperación entre eles.
  5. Aproveitamento, de mútuo acordo coas distintas distintas administracións, para que os GDR sexan un eslabón nas relacións entre as administracións e os administrados.