A Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, reunida o xoves 8 de xullo, aprobou a proposta de selección de proxectos non produtivos promovidos polos Concellos da nosa Bisbarra. En concreto, nesta tipoloxía os proxectos que se pretenden subvencionar na convocatoria 2021-2022 son:

Título

Promotor

Orzamento aceptado

Porcentaxe de axuda

Axuda total

Puntuación baremo

Obras de acondicionamento do entorno das Brañas da Valga

Concello de Mesía

28.579,50 €

83,54%

23.172,75 €

53,00

Instalación de 5 parques biosaudables

Concello de Frades

 32.782,53 €

61,64%

    20.207,15 €  

         48,00  

Acondicionamento interior do edificio municipal de Xesteda

Concello de Cerceda

131.658,90 €

60,50%

    40.000,00 €

         45,00  

Rehabilitación do local social de Mercurín

Concello de Ordes

48.397,50 €

58,98%

23.172,75 €

41,00  

 

TOTAIS

241.418,43 €

 

106.552,65 € 

 

Asemade, acordouse empregar a remanente de fondos dos proxectos non produtivos para o financiamento de proxectos produtivos. Finalmente, a Xunta Directiva acordou por unanimidade, adherirse á Rede de Dinamización Lingüística, dependente da Secretaria Xeral de Política Lingüística.